Día 3, mércores: conferencia do arqueólogo e museólogo Felipe-Senén López, sobre Arquitectos e escultores do s. XIX, entrando no XX.
Será ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.
De 19 a 20 h. e no mesmo lugar, anotacións para a viaxe con Felipe-Senén polas terras do Porriño, Panxón, etc. (día 4 de xullo).
No día 30 de maio, un grupo de asociados e asociadas de LugoPatrimonio, desprazouse a Vilasouto (O Incio), para celebrar cos veciños e veciñas e mais co Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga Outeiro, o remate da primeira fase de rehabilitación da igrexa románica de San Mamede, o cal foi loado e agradecido polos presentes, pois significa a salvación dunha igrexa que estaba a piques de esboroarse. Os presentes, aparte dos agradecementos, reclamaron xa e solicitaron o estudo e execución da segunda fase das obras que consisten no uso e rehabilitación final para a consolidación exterior da igrexa e adaptación do interior como Centro de interpretación da historia de Vilasouto e comarca con especial focamento da súa importancia: monumental, grande riqueza dos petróglifos e área arqueolóxia de Santa Mariña que garda 40 mámoas e tres gravados rupestres e co obxectivo tamén de que o futuro Centro sirva como dinamización da economía e turismo da comarca.
Os asistentes desprazáronse posteriormente aos outeiros de Trasmonte onde un dos veciños e activo dinamizador do patrimonio da zona, así como integrante da plataforma que conseguíu esta primeira fase da rehabilitación de San Mamede, Xosé Antonio Corujo lles mostrou os impresionantes petroglifos que cobren os Penedos da Ferradura.
30 de maio 2015: Visita á igrexa románica de San Mamede de Vilasouto para ver as obras realizadas que acaban de rematar. É unha reivindicación conseguida polo traballo de LugoPatrimonio, os veciños da parroquia, a Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Bispado. Loce, agora, a igrexa, o seu lousado more info novo, os muros sen fendas e a fachada restablecida, freando así o estrago e a destrución á que estaba sometida. A esas institucións, Área de Cultura da Deputación de Lugo e o seu representante Mario Outeiro, ao Bispado, con Miguel Gómez e César Carnero á cabeza, e aos veciños de Vilasouto pola axuda prestada, dámoslles o RAMO de LugoPatrimonio.
Aproveitaremos esta viaxe de medio día para ver tamén algún dos petróglifos da zona, o encoro de Vilasouto e a necrópole de santa Mariña.
Regresaremos a Lugo arredor das 14 h. Anotacións na páxina de LugoPatrimonio (lugopatrimonio.org) ou no tfne. 676 800 227 até o xoves día 28 de maio.
Día 16, sábado: Viaxe á cidade da Coruña onde pasaremos o día para ver a Exposición de Picasso e o Castro de Elviña, tendo como guía a Felipe-Senén López.
Saída ás 8:00 h.
(Estaba programada a Vilanova dos Infantes á Romaría Etnográfica Raigame, pero esta suspendeuse polo asasinato do párroco e roubo da figuriña da Virxe de Cristal, outra xoia do noso patrimonio).
O galego garantía de futuro, ten pasado e presente. É a máis grande obra colectiva do pobo galego. Galiza, o galego, non desaparecerá mentres non deixemos de usalo, mentres nós reivindiquemos a súa normalidade e actuemos no noso día a día para revitalizalo.O galego ten presente porque malia o decretazo contra o galego, as reformas na administración, a limitación de recursos que permitan usalo na xustiza, na sanidade; malia a continua utilización de toponimia deturpada no transporte e sinalización en estradas, vilas e cidades; malia a súa exclusión da igrexa ou de empresas que reciben abondosas axudas públicas; malia todas as dificuldades e exclusións forzosas que nos limitan para vivirmos nel con absoluta normalidade, usámolo sempre, en todo e para todo, facéndoo por nós útil e vivo.
Creamos unha páxina en facebook, o que nos permite unha nova canle de comunicación entre calquera usuario desa rede social e a nosa asociación. Podedes atoparnos en: https://www.facebook.com/lugopatrimonio
Premede na opción "gústame" para seguir no voso muro as últimas novas de LugoPatrimonio.
Non esquezades tamén premer o botón "suscribirme" aos próximos eventos para estar informados ao instante das próximas actividades.
O RAMO para a Área de Cultura da Deputación de Lugo e o seu representante Mario Outeiro, o Bispado, con Miguel Gómez e César Carnero á cabeza, e os veciños e veciñas de Vilasouto, pois todos eles formaron parte da reivindicación e do traballo que levou a rematar as obras de rehabilitación da igrexa románica de San Mamede de Vilasouto, na súa primeira fase (arranxo de cubertas, lousado, muros e fachada), atallando así a súa destrución e sumando este templo ao noso patrimonio rescatado. Somos gratos a mapleleafonlinecasino.com.
30 de maio 2015: Visita á igrexa románica de San Mamede de Vilasouto para ver as obras realizadas que acaban de rematar. É unha reivindicación conseguida polo traballo de LugoPatrimonio, os veciños da parroquia, a Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Bispado. Loce, agora, a igrexa, o seu lousado novo, os muros sen fendas e a fachada restablecida, freando así o estrago e a destrución á que estaba sometida. A esas institucións, Área de Cultura da Deputación de Lugo e o seu representante Mario Outeiro, ao Bispado, con Miguel Gómez e César Carnero á cabeza, e aos veciños de Vilasouto pola axuda prestada, dámoslles o RAMO de LugoPatrimonio.
Aproveitaremos esta viaxe de medio día para ver tamén algún dos petróglifos da zona, o encoro de Vilasouto e a necrópole de santa Mariña.
Sairemos do lugar habitual ás 10 da mañá. Regresaremos a Lugo arredor das 14 h. Anotacións na páxina de LugoPatrimonio (lugopatrimonio.org) ou no tfne. 676 800 227 até o xoves día 28 de maio.
Do 9 ao 13 de xullo:Viaxe polo Portugal dos Templarios e Festa dos Tabuleiros (Alcobaça, Batalha, Fátima, Tomar...).
Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.